Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 10 de xaneiro de 1997, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
1. Aprobar inicialmente o estudio de detalle sobre reaxuste de aliñacións en Quintela de Canedo, por instancia do Concello de Ourense.
De conformidade co disposto no artigo 117 co texto refundido da Lei do solo, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo de quince días, que emprezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.
Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Ourense, 20 de xaneiro de 1997.
Jorge Bermello Fernández
Alcalde accidental
830

