Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 04 de marzo de 1997 Páx. 1.943

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA OURENSE

CONVOCATORIA de asemblea xeral extraordinaria.

De conformidade co que se establece nos artigos 20 e 22 dos estatutos da entidade, o Consello de Administración, na súa sesión do día 24 de febreiro de 1997, acordou convocar asemblea xeral extraordinaria da Caixa de Aforros Provincial de Ourense,

que terá lugar o día 25 de marzo de 1997, no salón de actos da entidade, sito na Avda. de Pontevedra, 9, planta 1ª, desta cidade, ás 17 horas, en primeira convocatoria e, de non reunirse o quórum necesario, en segunda convocatoria, o mesmo día, no mesmo lugar, media hora máis tarde, coa seguinte orde do día:

1. Constitución da asemblea xeral.

2. Nomeamento dos interventores da acta.

3. Elección de dous conselleiros xerais titulares e dous suplentes do grupo de impositores, para formar parte da comisión electoral.

4. Elección das tres entidades que terán dereito a nomear representantes na asemblea xeral da caixa para o vindeiro período.

Quince días antes, como mínimo, da celebración da asemblea, quedará depositada na sede central, á disposición dos conselleiros xerais, a documentación correspondente á sesión.

Ourense, 25 de febreiro de 1997.

David Ferrer Garrido

Presidente

818