Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 04 de marzo de 1997 Páx. 1.944

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

NOTARÍA DO SR. GUTIÉRREZ ALLER (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

POXA notarial.

Eu, Domingo Enrique Gutiérrez Aller, notario do Ilustre Colexio da Coruña, con residencia en Santiago de Compostela, con despacho na rúa República do Salvador, número 32, 1º A.

Fago saber que ante min se tramita procedemento extraxudicial de execución hipotecaria no que figura como acredor Citibank España, S.A., con domicilio na Moraleja-Alcobendas (Madrid), avenida de Europa 19, Parque Empresarial La Moraleja, e como debedores os esposos Jousef Mohamad Al Ramahi e Concepción García Cabado, con domicilio en Santiago de Compostela, rúa dos Vilares, 40.

E procedendo a poxa ante notario do predio que despois se indica, levarase a cabo baixo as seguintes condicións:

1. Lugar. Tódalas poxas se celebrarán na notaría de Domingo Enrique Gutiérrez Aller, en Santiago de Compostela, rúa da República do Salvador, nº 32, 1º A.

2. Día e hora. Sinálase a primeira poxa para o día 1 de abril de 1997, ás 17 horas; a segunda poxa, se fose o caso, para o día 8 de abril de 1997, ás 17 horas; e a terceira poxa, no seu, para o día 15 de abril de 1997, ás 17 horas; e en caso de mellora da oferta da terceira poxa, sinálase para a licitación entre os mellorantes e mellores licitadores o día 22 de abril de 1997 ás 17 horas.

3. Tipo. O tipo para a primeira poxa está fixado na cantidade de vinteún millóns cento cincuenta mil

setecentas pesetas (21.150.770 ptas.); para a segunda poxa, no setenta e cinco por cento da dita cantidade indicada; e a terceira poxa será sen suxeición a tipo.

4. Consignacións. Salvo o acredor, tódolos demais licitadores, sen excepción, para tomaren parte na primeira ou na segunda poxa, deberán consignar na notaría unha cantidade equivalente ó 30% do tipo que corresponda; na terceira poxa, o depósito consistirá non 20% do tipo da segunda poxa.

5. Documentación e advertencias. A documentación e a certificción do rexistro a que se refiren os artigos 236.a e 236.b do Regulamento hipotecario pódense consultar na notaría; entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación; as cargas, gravames e asentos anteriores á hipoteca que se executa continurán subsistentes.

6. Adxudicación a calidade de ceder a terceiro. Só a adxudicción a favor do executante ou o remate a favor do mesmo ou dun acredor posterior poderá facerse a calidade de ceder a un terceiro.

Predio obxecto de poxa:

Casa sen número composta de planta baixa e piso alto, para vivenda unifamiliar, con terreo que a rodea e que lle quedou anexo, coa que forma un só predio, no sitio de Zanca de Carraxais, zona de concentración parcelaria de San Miguel dos Agros, hoxe sinalada co número 40 da Rúa dos Vilares, deste termo municipal de Santiago de Compostela. Ocupa unha superficie de catro mil oitenta metros cadrados, da que corresponde á casa a duns cento vintecinco metros cadrados. Figura inscrita no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela número 2, tomo 1.073, libro 115, folio 150, predio 10.399.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 1997.

Rubricado

Boot.---