Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. derivación con peirao.
Situación: Moaña.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 499 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios de formigón e metálicos, desde o apoio 39 da L.M.T. D.C. Cangas-Moaña rematando no apoio 5 da liña que se proxecta, con paso aéreo-subterráneo, concello de Moaña.
Cumprido-los trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa da instalación eléctrica, esta delegación provincial, resolve:
Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución da devandita instalación, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos reglamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Pontevedra, 22 de xaneiro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
1266

