Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. Cabeza de Boi-Fofán-Castiñeira.
Situación: Meis.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea núa, a 20 kV, de 1.208 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde un apoio s/n da L.M.T. ó C.T. Cabeza de Boi rematando no apoio número 151 da L.M.T. ó C.T. Castiñeira, concello de Meis.
Cumprido-los trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve:
Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución da devandita instalación, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos reglamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Pontevedra, 23 de xaneiro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
1246

