Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Vilar-Infesta III.
Situación: Redondela.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea núa, a 15 kV, de 611 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 115 da L.M.T. Quintela-Arrufana rematando no C.T. que se proxecta en Vilar-Infesta III, concello de Redondela. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 50 m de lonxitude, con conductor R.Z.
Cumprido-los trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa da instalación eléctrica, esta delegación provincial, resolve:
Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución da devandita instala
ción, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos reglamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Pontevedra, 23 de xaneiro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
1250

