Para os efectos prevenidos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
-Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
-Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. na rúa Ramón Bares.
-Situación: Bueu.
-Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 465 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T.s ó C.T. de G.E. de Bueu, rematando no C.T. que se proxecta na rúa Ramón Bares, concello de Bueu. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., subterránea, de 240 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 28 de xaneiro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
1253

