Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.
Denominación: modifi. 1 L.M.T., C.T. e R.B.T. praia de Barrañán.
Situación: municipio de Arteixo.
Características técnicas: modificación de liña eléctrica que alimenta o C.T. praia de Barrañán (expediente 30498) consistente en: cambio de liña eléctrica subterránea a 20 kV baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al, de 480 m, entroncando en instalación existente e final no C.T. que se vai instalar. Centro de trasformación intemperie, de 160 kVA e tensións de 0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión subterránea de 105 m. Municipio de Arteixo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 30 de xaneiro de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
1256

