Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Endereso social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.
Denominación: L.M.T. subterránea e C.T. Paseo de Ronda, 28.
Situación: A Coruña.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 130 m de lonxitude con orixe na liña Peruleiro-Escola de Comercio e final no centro de transformación que se vai instalar denominado Paseo de Ronda, número 28.
Centro de transformación en edificio viendas en rúa Paseo de Ronda, 28 de 1000 kVA encapsulado en resina e en tensións de 20/0,380-0,220 kV. A Coruña.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolveu:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
A Coruña, 31 de xaneiro de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
1255

