Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Endereso social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.
Denominación: L.M.T. subterránea, C.T. e R.B.T. de Gandarío.
Situación: municipio de Bergondo.
Descricións técnicas: liña de media tensión a 15/20 kV de 269 m de lonxitude, que parte do último apoio da liña de media tensión ó centro de transformación (C.T.) que se vai construír tipo prefabricado de 250 kVA denominado Gandarío albergue xuvenil. Municipio de Bergondo.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolveu:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
A Coruña, 31 de xaneiro de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
1254

