Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Mércores, 05 de marzo de 1997 Páx. 1.991

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 52458/1).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., co domicilio na rúa Fernando Macías, 2, A Coruña, para a autorización administrativa da instalación que segue:

-Ampliación da subestación eléctrica de Cabana de Bergantiños, consistente nun novo módulo de liña 66 kV Pemalsa, cos seguintes aparellos:

-Interruptor e seccionador tripolares a 1250 A.

-Transformadores de tensión e intensidade.

-Seccionador tripolar con p.a.t. accionado electricamente. Dispositivos de mando, control, sinal e medida instantánea. Municipio de Cabana de Bergantiños.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 2 de febreiro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

1251