Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Mércores, 05 de marzo de 1997 Páx. 1.991

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/195-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. O Castro-Freixeiro.

Situación: Santa Comba.

Características técnicas: liña de media tensión aérea a 15/20 kV de 600 m de lonxitude, en conductor de Al tipo LA-56. que parte da L.M.T. Suevos-Portochán e final no C.T. que se vai construír no Castro-Freixeiro de 100 kVA. Concello de Santa Comba.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 3 de febreiro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

1310