Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Mércores, 05 de marzo de 1997 Páx. 1.994

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a publicación da proposta de resolución do expediente sancionador P-22/1996, incoado ó abeiro da Lei 14/1985.

Intentada a notificación directa ó titular do establecemento denominado Café Bar Havana, Abelardo Rodrígueaz González, da proposta de resolución formulada pola instructora no expediente sancionador número P-22/1996, e non poder efectuala, disponse ó abeiro do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a publicación no Diario Oficial de Galicia do seguinte:

Primeiro.-Sancionar a Abelardo Rodríguez González, titular do establecemento Café Bar Havana, con multa dun millón unha pesetas (1.000.001 ptas.), pola comisión dunha infracción moi grave prevista no artigo 28 g) da Lei 14/1985 (en relación co artigo 19.1º da devandita lei e os artigos 19, 20 e 23 do Decreto 374/1986), e sancionado no seu artigo 31.1º, por ter instalada con data do 8 de maio de 1996 unha máquina recreativa tipo B, modelo B-1844, carecendo de toda á documentación esixida pola lexislación vixente, no establecemento denominado Café Bar Havana, sito en rúa avenida de Castrelos, número 48 do concello de Vigo.

Segundo.-Proponse a destrucción da máquina de referencia.

Pontevedra, 13 de febreiro de 1997.

María Jesús Padín García

Instructora

1520