En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e estatutos da Asociación de Psicólogos Clínicos do Servicio Galego de Saúde que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán pertencer á devandita asociación aqueles psicólogos que desempeñen funcións clínicas dentro do Servicio Galego de Saúde.
Asinan a acta de constitución: Encarnación Sueiro Domínguez e dúas persoas máis.
Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 1997.
Juan Pedrosa Vicente
Director xeral de Relacións Laborais
1314

