Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Mércores, 05 de marzo de 1997 Páx. 1.995

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 1997 pola que se anuncia a convocatoria do concurso público aberto, para a contratación da consultoría/asistenca consistente na realización dunha enquisa ás industrias alimentarias e da madeira.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato de consultoría/asistencia, suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora.

-Instituto Galego de Estatística.

-Servicio de Xestión Económica.

-Nº de expedientes: 97.05.0025.

2. Obxecto do contrato.

-Realización dunha enquisa ás industrias alimentarias e da madeira.

-Nº de expediente: 97.05.0025.

-Prazo de execución: seis meses contados a partir da sinatura do contrato.

-Orzamento: 5.400.000 pesetas.

3. Procedemento e forma de adxudicación: concurso público aberto.

4. Fianza provisoria: 108.000 pesetas.

5. Fianza definitiva: 216.000 pesetas.

6. Documentacion de interese para os licitadores: poderán retirala no Negociado do Rexistro do IGE,

r/ Ramón Piñeiro, nº 27, 15702 Santiago de Compostela, Tlf: 54 13 21, e fax: 54 13 23.

7. Presentación de ofertas: presentaranse segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares, a proposición económica e as características técnicas segundo o disposto no prego de prescricións técnicas no prazo de 26 días contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG, no rexistro do IGE en horario de 9 á 14 h, ou ben na forma prevista no Art. 100 do Regulamento de contratos do Estado.

8. Apertura de proposicións: o sexto día seguinte hábil ó do remate de presentación de proposicións, ás 12 h e nas dependencias do IGE; no caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

O importe do presente anuncio será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 1997.

José A. Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística

1543