Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 07 de marzo de 1997 Páx. 2.106

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 1997, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia concurso público polo procedemento aberto con trámite de urxencia, para a contratación do programa de Turismo Social 1997 para as Persoas Maiores.

Obxecto: contrato de asistencia para a realización do programa Turismo Social 1997 para as Persoas Maiores.

Orzamento de licitación: 50.000.000 de ptas. (IVE incluído).

Prazo de execución: 9 meses.

Garantía provisional: 1.000.000 de ptas.

Clasificación requirida: grupo III, subgrupo 8, categoría C.

Exposición de pregos: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse na Subdirección Xeral de Administración e Inspección, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas, durante o prazo de presentación de proposicións.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación.

Apertura de proposicións: a apertura de proposiciónes admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Dirección Xeral de Servicios Sociais ás 10 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Variantes: non se admiten.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso correrá por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 1997.

P.D. (Orde 22-5-1996)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais

1433