Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 07 de marzo de 1997 Páx. 2.107

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 17 de febreiro de 1997 pola que se aproba o cambio de dominio de varias bateas de cultivo de mexillón denominadas Olvido nº 1, Olvido nº 2 e Olvido nº 3, a favor de Olvimar, S.L.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 13 da Lei 15/1985, do 23 de outubro, de ordenación marisqueira e cultivos mariños desta Comunidade Autónoma (DOG nº 236, do 10 de decembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Olvido nº 1.

Cultivo: mexillón.

Localización: Muros B, cuadrícula 95.

Denominación da batea: Olvido nº 2.

Cultivo: mexillón.

Localización: Muros A, cuadrícula 14.

Denominación da batea: Olvido nº 3.

Cultivo: mexillón.

Localización: Muros A, cuadrícula 16.

Data da concesión: 14-1-1980.

Data finalización última prórroga: 14-1-2000.

Anterior concesionario: Manuel Lestón Rey e Olvido Romero Guerra.

Novo titular das concesións e bateas: Olvimar, S.L.

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña,17 de febreiro de 1997.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

1496