Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 07 de marzo de 1997 Páx. 2.111

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 1997, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Provincial de Pontevedra-Psiquiátrico Rebullón, pola que se anuncia o concurso público número 2/1997, polo procedemento aberto, tramitado con carácter urxente, para a contratación do servicio de almacenaxe e distribución desde o exterior para o Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón.

A Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Provincial de Pontevedra-Rebullón, en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG 111, do 6 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público, polo trámite de urxencia:

Obxecto e orzamento:

Contratación de: servicio de almacenaxe e distribución desde o exterior para o C.H. Provincial-Rebullón.

Orzamento: 19.500.000 ptas. (dezanove millóns cincocentas mil pesetas).

Prazo de execución: o comprendido desde a sinatura do contrato, trala adxudicación, ata o 31 de decembro de 1997 poderase preve-la súa prórroga por mutuo acordo das partes.

Forma de adxudicación: procedemento aberto por medio de concurso público nº 2/1997.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económica e financeira: acreditarase polos medios previstos no artigo 16 da Ley 13/1995, de contratos da Administración pública.

Solvencia técnica: acreditarase polos medios previstos no artigo 19 da Ley 13/1995 de contratos da Administración pública.

Fianza provisional: dispénsase da súa presentación.

Clasificación esixida: grupo 3, subgrupo 8, categoría B.

Criterios de adxudicación:

Nº de ordeCriterios de adxudicaciónPonderación

1Prezo ofertado50%

2Medios e funcionamento50%

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no departamento

de aprovisionamento do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón, r/ Loureiro Crespo nº 1, das 9 ás 14 horas, de luns a venres. Teléfono (986) 86 23 63 e fax (986) 84 79 41.

Presentación de proposicións: deberánse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contados desde o seguinte ó da publicación desta resoulción no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisisión da oferta mediante fax (986) 84 79 41 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións: terá lugar nun acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón ás 10 horas do décimo primeiro día natural contados desde o seguinte día a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatoario do contrato.

Pontevedra, 17 de febreiro de 1997.

Alfredo García Inglesias

Director xerente do Complexo Hospitalario

Provincial-Rebullón de Pontevedra

1634