A Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Provincial de Pontevedra-Rebullón, en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG 111, do 6 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público, polo trámite de urxencia:
Obxecto e orzamento:
Contratación de: servicio de mantemento integral para o C.H. Provincial-Rebullón.
Orzamento: 24.996.000 ptas. (vintecatro millóns novecentas noventa e seis mil pesetas).
Prazo de execución: o comprendido desde a sinatura do contrato, trala adxudicación, ata o 31 de decembro de 1997 poderase preve-la súa prórroga por mutuo acordo das partes.
Forma de adxudicación: procedemento aberto por medio de concurso público nº 1/1997.
Admisión de variantes: admítense variantes.
Solvencia económica e financeira: acreditarase polos medios previstos no artigo 16 da Ley 13/1995, de contratos da Administración pública.
Solvencia técnica: acreditarase polos medios previstos no artigo 19 da Ley 13/1995 de contratos da Administración pública.
Fianza provisional: 2% do orzamento, 499.920 ptas. (catrocentas noventa e nove mil novecentas vinte pesetas).
Clasificación esixida: grupo 3, subgrupo 7, categoría B.
Criterios de adxudicación:
Nº de ordeCriterios de adxudicaciónPonderación
1Prezo e desagregación de custos30%
2Persoal aportado30%
3Experiencia acreditada20%
4Organización20%
Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no departamento de aprovisionamento do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón, r/ Loureiro Crespo nº 1, das 9 ás 14 horas, de luns a venres. Teléfono (986) 86 23 63 e fax (986) 84 79 41.
Presentación de proposicións: deberánse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contados desde o seguinte ó da publicación desta resoulción no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisisión da oferta mediante fax (986) 84 79 41 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.
Apertura de proposicións: terá lugar nun acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón ás 10 horas do décimo primeiro día natural contados desde o seguinte día a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado
ou festivo a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.
Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatoario do contrato.
Pontevedra, 17 de febreiro de 1997.
Alfredo García Inglesias
Director xerente do Complexo Hospitalario
Provincial-Rebullón de Pontevedra
1316

