Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 07 de marzo de 1997 Páx. 2.112

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARES

EDICTO relativo a emenda de defecto e estimación de alegación en aprobación de estudio de detalle.

Aprobada na sesión plenaria do día 30 de xaneiro de 1997 a emenda de defecto e estimación de alegación presentada pola Dirección Xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente estudio de detalle para proporcionar un tratamento urbanístico homoxéneo á fachada marítima da Vila de Ares, de conformidade co disposto nos artigos 140.6º do R.D. 2159/1978, do 28 de xuño, e 124.1º do R.D.L. 1/1992, publícase o presente acordo:

Contra o presente acordo que pon fin á vía administrativa pódese interpoñer de conformidade co preceptuado no artigo 58.2º da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da recepción da presente notificación perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e nas condicións establecidas no artigo 57 da lei antes citada, segundo redacción dada pola disposición adicional décimo primeira da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, significándolle que a teor do establecido no artigo 110.3º da citada Lei 30/1992, a súa interposición requirirá a comunicación previa ó presente órgano.

Ares, 4 de febreiro de 1997.

José Juan Vilasánchez Pazos

Alcalde-presidente

1381