Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 07 de marzo de 1997 Páx. 2.112

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

En sesión extraordinaria do Pleno da corporación de data do 7 de febreiro de 1997, aprobáronse as

bases da convocatoria de oposición libre para prover, en propiedade, unha praza de conserxe-notificador, vacante no cadro de persoal deste concello incluída na oferta de emprego público de 1994 e que de seguido se transcriben:

Unidade de persoal.

Primeira.-Obxecto da convocatoria.

É obxecto da presente convocatoria porver en propiedade, polo sistema de oposición libre, unha praza de conserxe-notificador, pertencente á escala de Administración xeral, subescada subalterna, dotada co soldo do grupo E incluída na oferta de emprego público de 1994, de conformidade co establecido na Lei 30/1984, do 2 de agosto, Lei 7/1985 do 2 de abril, texto refundido aprobado por Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, Real decreto 896/1991, do 7 de xuño e, no non previsto nelas, o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, do 20 de marzo de 1991, e supletoriamente, o Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ó servicio da Administración do Estado.

Segunda.-Requisitos dos aspirantes.

Para participar nas probas selectivas cómpre:

a) Ser español.

b) Ter cumpridos dezaoito anos e non exceder daquela idade na que falten menos de dez anos para a xubilación forzosa, determinada pola lexislación básica en materia de función pública.

c) Te-lo certificado de escolaridade, de estudios primarios, ou título equivalente.

d) Te-lo permiso de conducir clase B-2.

e) Non ter enfermidade ou eiva física que impida o desempeño das correspondentes funcións.

f) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de calquera Administración pública do Estado, Comunidade Autónoma ou entidade local, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

Os anteriores requisitos deberanse reunir con referencia ó derradeiro día de prazo de presentación das solicitudes.

Terceira.-Solicitudes.

As persoas que desexen participar na presente convocatoria presentarán instancia dirixida ó señor alcalde-presidente do Concello de Cambre, na que farán constar que reúnen tódolos requisitos sinalados na base 2 anterior, e presentaranse no rexistro xeral do concello no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As solicitudes poderán remitirse tamén na forma determinada no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administra

cións públicas e do procedemento administrativo común.

Os dereitos de exame, por unha contía de mil pesetas (1.000 ptas.), serán satisfeitos directamente ou por xiro postal; á instancia xuntará recibo que acredite o ingreso na tesourería do concello ou, se é o caso, copia do resgardo do xiro postal.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

Rematado o prazo de presentación de instancias, o presidente da corporación dictará resolución pola que se arpbará a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as que se publicará no BOP e no taboleiro de edictos da Casa do Concello, concedendo un prazo de dez días para reclamacións.

As citadas reclamacións, se as houber, resolveraas o mesmo órgano que aprobou a lista provisional, que aprobará así mesmo a lista definitiva, que se publicará de novo na forma sinalada. Nesta resolución incluirase a composición do tribunal, lugar, data e hora do comezo dos exercicios.

Quinta.-Tribunal cualificador.

De conformidade co artigo 4 do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, o tribunal terá a seguinte composición:

Presidente: o da corporación ou menbro dela en quen delegue.

Secretaria: a da corporación ou funcionario dela en quen delegue.

Vocais:

Un representante da Comunidade Autónoma.

O xefe da Unidade Xurídica de Urbanismo e Persoal.

O enxeñeiro técnico do concello.

O graduado social do concello.

Os vocais deberán ter titulación ou especialización igual ou superior á esixida para o acceso ás prazas convocadas.

Sexta.-Comezo e desenvolvemento dos exercicios.

Os exercicios non poderán comezar ata transcorridos dous meses desde a data na que apareza publicada a presente convocatoria no BOP, anunciándose, como mínimo, quince días antes de comeza-lo primeiro exercicio, o día, hora e local en que terá lugar.

Os aspirantes convocaranse para cada exercicio en chamamento único, sendo excluídos da oposición os que non comparezan, salvo nos casos debidamente xustificados e apreciados discrecionalmente polo tribunal.

A orde de actuación dos aspirantes será segundo o establecido pola Resolución do 15 de marzo de 1996 da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Os aspirantes deberán acredita-la súa personalidade coa exhibición do documento nacional de identidade.

O tribunal publicará os sucesivos anuncios de celebración do segundo e restantes exercicios no taboleiro de edictos do concello.

Os exercicios da oposición serán os seguintes:

Primeiro exercicio: de carácter obrigatorio, consistirá en realiza-las seguintes probas:

-Escritura ó dictado dun texto, en castelán, elixido polo tribunal, durante dez minutos, co fin de demostra-lo coñecemento da lingua valorándose a ortografía, limpeza e exactitude na corrección do texto.

-Resolución de tres problemas sobre as catro regras aritméticas que deberá resolver no prazo máximo de trinta minutos.

Segundo exercicio: de carácter obrigatorio, consistirá en desenvolver por escrito, durante un prazo dunha hora como máximo, un tema elixido ó chou do programa que figura como anexo.

Este exercicio será lido por cada un dos aspirantes perante o tribunal, podendo o mesmo formula-las preguntas que, sobre o tema desenvolto, considere pertinentes.

Terceiro exercicio: de carácter práctico e obrigatorio, consistirá en contestar, nun tempo máximo de trinta minutos un cuestionario sobre o municipio e organismos oficiais.

Cuarto exercicio: de carácter obrigatorio, consistirá na traducción dun texto de castelán ó galego e viceversa, nun tempo máximo de trinta minutos.

Sétima.-Cualificación dos exercicios.

Os exercicios primeiro, segundo e terceiro son eliminatorios e cualificados ata un maximo de dez puntos; os opositores que non acaden un mínimo de cinco punto en cada un dos exercicios serán eliminados.

O número de puntos que outorgará cada membro do tribunal, en cada un dos tres exercicios, será de 0 a 10 puntos. As cualificacións adoptaranse sumando as puntuacións outorgadas polos distintos membros do tribunal e dividindo o total polo número de asistentes daquel, sendo o cociente a cualificación definitiva.

O cuarto exercicio non é eliminatorio. Será cualificado ata un máximo de dous puntos. Os membros do tribunal poderán outorgar unha puntuación de 0 a 2 putnos e seguindo a regra indicada no parágrafo anterior para a cualificación definitiva.

A puntuación final será a suma das puntuacións obtidas nas catro probas.

Oitava.-Relación de aprobados.

Rematada a cualificación dos aspirantes, o tribunal publicará a relación de aprobados por orde de puntuación. Dado que en ningún caso o número de aspi

rantes aprobados pode supera-lo número de prazas convocadas, a relación definitiva de aprobados confeccionarase cos aspirantes que, superados tódolos exercicios, obteñan a maior puntuación na suma de todos eles.

O tribunal presentará a citada relación á presidencia da corporación, á que lle compete o nomeamento correspondente.

novena.-Presentación de documentos, nomeamento e toma de posesión.

No prazo de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación das listas de aspirantes aprobados, estes deberán presentar no rexistro xeral do concello os documentos que seguidamente se relacionan:

a) Fotocopia do seu documentos nacional de identidade, que se deberá presentar co orixinal para compulsar.

b) Copia autentificada ou fotocopia (que deberá presentar co orixinal para compulsar) do título académico de aboa-los dereitos para a súa expedición. Se estes documentos se expedisen despois da data na que rematou o prazo para presenta-las instancias, deberá xustifica-lo momento en que remataron os correspondentes estudios.

c) Fotocopia do permiso de conducir clase B-2, que deberá presentar co orixinal para compulsar.

d) Declaración xurada de non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio de ningunha Administración pública, nin se encontrar inhabilitado para exerce-las funcións públicas.

e) Declaración xurada de non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade, de conformidade coa lexislación vixente.

f) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade ou eiva física ou psíquica que impida o desempeño das correspondentes funcións.

Quen tivese a condición de funcionario público de carreira non terá que xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa acreditados para obte-lo seu anterior nomeamento, unicamente deberá presentar certificación da Administración pública da que depende que acredite tal condición e demais circunstancias que consten no seu expediente persoal ou folla de servicios.

Os que dentro do prazo sinalado, e salvo casos de forza maior, non presenten a súa documentación ou non reúnan os requisitos esixidos, non poderán ser nomeados, quedando anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade na que puidesen incorrer por falsidade na súa instancia na que solicitan participar no proceso selectivo.

Os aspirantes propostos que presenten a documentación preceptiva serán nomeados funcionarios en prácticas por un período de tres meses.

O período de prácticas terá como finalidade valora-lo rendemento, aptitude e adaptación demostrada no desempeño do posto de traballo. Rematado este, o responsable da unidade administrativa da que dependa, elaborará informe xustificativo sobre o aproveitamento do período de prácticas, con proposta motivada, para o nomeamento como funcionario de carreira. Este informe elevarase ó órgano competente para o seu nomeamento debendo ser oída, antes da resolución, a representación legal dos funcionarios.

De non supera-lo período de prácticas, perderá o dereito ó seu nomeamento como funcionario de carreira, mediante resolución motivada da autoridade que fixera a convocatoria.

Superado con aproveitamento o período de prácticas será nomeado funcionario de carreira, e deberá tomar posesión no prazo de trinta días contados a partir do día seguinte a aquel en que se lle notifique o citado nomeamento; quedará en situación de cesante cando, sen causa xustificada, non o fixese dentro do prazo sinalado.

Décima.

O tribunal queda autorizado para resolve-las dúbidas que se presenten e adopta-los acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo en todo o non previsto nesta bases.

Décimo primeira.

Os interesados poderán impugna-la presente convocatoria e as súas bases, así como tódolos actos administrativos que se derivan dela nos casos e na forma establecidos na Lei de procedemento administrativo.

ANEXO

Tema 1.- A Constitución española de 1978. Características. Principios xerais da nosa Constitución.

Tema 2.-Dereitos e deberes fundamentais dos españois.

Tema 3.-A Coroa. Sucesión e rexencia. O referendo.

Tema 4.-A lei. Concepto e clases. Disposicións normativas con rango de lei.

Tema 5.- O estatuto de autonomía de Galicia. Contido e valor normativo. O sistema institucional.

Tema 6. A organización municipal. Concello Pleno. Alcalde. Comisión de goberno.

Tema 7.-Funcionamento dos órganos colexiados locais. Ordenanzas e regulamentos.

Tema 8.-O procedemento administrativo local. Rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos na presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 9.-A función pública local. Ideas xerais. Concepto de funcionario. Clases de funcionarios.

Tema 10.-Adquisición e perda da condición de funcionario. Situacións nas que pode atoparse.

Cambre, 4 de febreiro de 1997.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde

1390