Por decreto con data de hoxe, resolvín aprobar inicialmente o estudio de detalle para adaptación de aliñacións e rasantes en camiño das Pedreiras esquina rúa Ambulatorio, por instancia de DIASA.
Así mesmo proceder á exposición pública do expediente polo prazo de quince días, que computarán desde a derradeira publicación (DOG ou prensa). Ó longo do dito prazo, o expediente quedará a disposición de todo aquel que queira examinalo, podéndose face-las alegacións pertinentes. O expediente poderase examinar na secretaría do concello de 9 a 13 horas tódolos días laborables.
Carballo, 7 de febreiro de 1997.
Manuel Varela Rey
Alcalde
1341

