Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 07 de marzo de 1997 Páx. 2.115

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de poxa de procedemento aberto.

1. Obxecto do contrato: as obras de acondicionamento e mellora da praza de abastos de Vilagarcía de Arousa (2ª fase).

2. Prazo do contrato: catro meses.

3. Prezo do contrato: 21.000.000 de ptas.

4. Garantías provisional e definitiva: a garantía provisional para participar na poxa será de 420.000 ptas.

O adxudicatario estará obrigado a prestar unha garantía definitiva do 4% do importe de adxudicación.

5. Proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro de licitacións (secretaría xeral), en man, das 9.30 ás 13.30 horas durante os vinteseis días naturais seguintes ó da publicación do último dos anuncios nos BOP ou DOG.

Tamén poderán presentarse na forma prevista no parágrafo 2º da cláusula XI.1.

As proposicións axustaranse ó modelo oficial que figura no prego de cláusulas administrativas e cumprirán as formalidades e documentación previstas na cláusula XI do prego.

Vilagarcía de Arousa, 17 de febreiro de 1997.

Joaquín J. Gago López

Alcalde

1342