Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 07 de marzo de 1997 Páx. 2.116

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de concurso aberto.

1. Obxecto do contrato: a prestación do servicio de limpeza nos centros dependentes do Concello de Vilagarcía de Arousa.

2. Prazo do contrato: un ano.

3. Prezo do contrato: 69.434.232 Ptas./anuais.

4. Garantías provisional e definitiva: a garantía provisional para participar na poxa será de 1.388.685 ptas.

O adxudicatario estará obrigado a prestar unha garantía definitiva do 4% do importe de adxudicación.

5. Proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro de licitacións (secretaría xeral), en man, das 9.30 ás 13.30 horas durante os vinteseis días naturais seguintes ó da publicación do último dos anuncios nos BOP ou DOG.

Tamén poderán presentarse na forma prevista no parágrafo 2º da cláusula XI.1.

As proposicións axustaranse ó modelo oficial que figura no prego de cláusulas administrativas e cumprirán as formalidades e documentación previstas na cláusula XI do prego.

Vilagarcía de Arousa, 17 de febreiro de 1997.

Joaquín J. Gago López

Alcalde

1340