1. Obxecto do contrato: lote de obras de, ampliación saneamento rúa Carballal-Guillán e saneamento rúa progreso-A Torre.
2. Prazo de execución: catro meses.
3. Prezo do contrato: 9.450.219 ptas.
4. Garantías provisional e definitiva: a garantía provisional para participar na poxa será de 189.004 ptas.
O adxudicatario estará obrigado a prestar unha garantía definitiva do 4% do importe de adxudicación.
5. Proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro de licitacións (secretaría xeral), en man, das 9.30 ás 13.30 horas durante os vinteseis días naturais seguintes ó da publicación do último dos anuncios nos BOP ou DOG.
Tamén poderán presentarse na forma prevista no parágrafo 2º da cláusula XII.1.
As proposicións axustaranse ó modelo oficial que figura no prego de cláusulas administrativas e cumprirán as formalidades e documentación previstas na cláusula XII do prego.
Vilagarcía de Arousa, 17 de febreiro de 1997.
Joaquín J. Gago López
Alcalde
1640

