No BOP de Ourense, número 46, do 26 de febreiro de 1997, publícanse integramente as bases e programas das convocatorias de oposición e concurso-oposición para prove-los seguintes postos de traballo vacantes nos cadros de persoal funcionario e laboral fixo, correspondentes á oferta de emprego público para 1996:
Persoal funcionario:
Cinco postos de axentes da Policía Local.
Persoal laboral fixo:
Un posto de capataz encargado xeral.
Cinco postos de operarios de servicios varios.
As solicitudes poderán ser presentadas durante o prazo de vinte días naturais desde o seguinte a aquel no que as convocatorias aparezan publicadas no Boletín Oficial del Estado
Xinzo de Limia, 27 de febreiro de 1997.
O presidente
Rubricado

