Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 1997 Páx. 2.193

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 27 de febreiro de 1997 pola que se derroga a do 18 de xullo de 1991 pola que se regula o procedemento de acreditación de cursos de carácter sanitario.

A Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, consciente de que a formación e posta ó día dos profesionais relacionados co sector da saúde pública contribúe en gran medida a aumenta-la calidade das prestacións sanitarias, vén desenvolvendo diversas actuacións en materia formativa: programas de docencia e investigación en virtude das necesidades de formación existentes no sistema sanitario galego, convocatoria de axudas económicas para a asistencia a actividades de formación, promoción e desenvolvemento de estudios e investigación científica de ámbito sanitario, recoñecemento de interese sanitario para actos de carácter sanitario e acreditación de cursos de carácter científico, entre outras.

O tempo transcorrido desde a entrada en vigor da norma reguladora da acreditación de cursos de carácter sanitario permitiu constatar que o procedemento que se viña utilizando non permitiu acada-lo resultado orixinariamente pretendido, e os seus efectos son inocuos, cando non contrarios, ós plans xerais de docencia e investigación programados, polo que procede derroga-la norma que o amparaba.

Na súa virtude, de acordo coas competencias recoñecidas no artigo 33.1º do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Queda derrogada a Orde do 18 de xullo de 1991 pola que se regula o procedemento de acreditación de cursos de carácter sanitario.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 1997.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

1753