Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 1997 Páx. 2.241

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/8-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha.

Enderezo social: Tte. Xral. Gómez Zamalloa, 9-1º, 15005 A Coruña.

Denominación: liña media tensión Monte Cachumba e C.T. Fieital. Laracha.

Situación: municipio de Laracha.

Características técnicas: liña de media tensión aérea a 15/20 kV de 906 m de lonxitude e conductor de aluminio LA-30, que parte da L.M.T. Fonteseca-Beira-Orxeiras-Vilar do Boi e final no centro de transformación tipo caseta e Fieital de 25 kVA. Municipio de Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 27 de xaneiro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

97-1574