O artigo 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, dispón que os estudios de efectos ambientais se sometan ó trámite de información pública, durante quince días hábiles. Na súa virtude,
RESOLVO:
Primeiro.-Someter a información pública, por un prazo de quince días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do parque eólico das Paxareiras II-E, no concello de Dumbría e solicitado pola empresa Eurovento, S.L.
Segundo.-Para efectos informativos o estudio de efectos ambientais porase á disposición dos administrados nas seguintes dependencias :
-Dirección Xeral de Industria.
-Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente.
-Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública (Comisión Provincial de Medio Ambiente) da provincia da Coruña.
-Concello de Dumbría.
Terceiro.-As alegacións dirixiranse durante o prazo de quince días á Dirección Xeral de Industria.
Cuarto.-Unha vez finalizado o prazo remitirase o expediente coas correspondentes alegacións á Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente.
Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 1997.
Joaquín del Moral Crespo
Director xeral de Industria
97-1575

