Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 1997 Páx. 2.244

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, da notificación da providencia de incoacción do expediente sancionador I-551/1996 (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11-1992), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín dictar providencia de incoacción de expediente sancionador (I-551/96) por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu Regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro.

Que, así mesmo, designo instructor do expediente a Manuel Francisco Gutiérrez e secretario a Santiago Camarero Merino podendo recusalos en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún dos supostos que determina o artigo 28 da mencionada lei.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente neste Servicio de Defensa Contra Incendios Forestais, sito en Cabanas-Salcedo, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegación no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanciòn.

Para resolver este expediente, é competente por razón da contía da multa o delegado ou director xeral, de acordo co artigo 141 do Regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario poderá pórlle fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados neste Servicio de DCIF sito en Salcedo-Cabanas (Pontevedra).

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993 do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993).

Pontevedra, 7 de febreiro de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: I-551/96.

Denunciado: Nacimiento Martínez González.

Último enderezo coñecido: r/ Cigarreira-Cequeliños. 36439-Arbo.

Feito denunciado: abandono dun vehículo.

Preceptos:

-Infrinxido: Art. 137 e) do regulamento á Lei de IF.

-Sancinador: Art. 139 do regulamento á Lei de IF.

Sanción: 50.000

1599