Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 1997 Páx. 2.245

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica o cambio de instructor no expediente P-191/1996 incoado por infracción á Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan o cambio de instructor nos ditos expedientes; instruídos por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial de Galicia, por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Os expedientes foron incoados designado instructor deles a José Ángel Madarro Río, o cal cesou como funcionario desta delegación provincial.

Vista a Lei de réxime xurídico das administraciones públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993), e demais disposicións concordantes, acórdase designar instructora a Paloma Quiroga López.

A tramitación do expediente continuará partindo da fase na que actualmente se atopa; podendo vostede promove-la recusación da nova instructora en calquera momento da tramitación do procedemento, de acordo co disposto nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 20 de febreiro de 1997.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: P-191/1996.

Denunciado: Antonio Dopazo Iglesias.

DNI: 34.532.060.

Ultimo enderezo coñecido: Barra de Miño, 122-P-4-2ºA, Ourense.

1642