Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 1997 Páx. 2.245

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de iniciación dos expedientes sancionadores de caza C-101/1996 e dous máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de

novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a iniciación do correspondente expediente sancionador por infracción á Lei de caza do 4 de abril de 1970 e ó Regulamento para a súa execución do 25 de marzo de 1971 (BOE do 30-3-1971).

Noméase instructora do procedemento a Paloma Quiroga López, funcionaria desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita en Ronda da Muralla, 197, a presenta-lo descargo e documentos que considere convenientes na súa defensa. Así como para a recusación da persoa designada como instructor en calquera momento da tramitación do procedemento.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial.

Lugo, 20 de febreiro de 1997.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Expediente: C-101/1996.

Denunciado: José Antonio González Vázquez.

DNI: 33.789.720.

Último enderezo coñecido: San Salvador de Muxa-Pista Militar, 6-Lugo.

Feitos imputados: cazar sen licencia, con escopeta, levando 4 cartuchos de bala no depósito e un na recámara; infrinxindo a Orde de vedas do 31-7-1996, o día 13-10-1996 no Couto LU-10297, Montes de Vilachá-Corgo.

Preceptos infringidos: 48.2.1 e 48.2.14 do Regulamento da Lei de caza.

Cualificación infracción: menos grave.

Sanción: 3.500 ptas. de multa.

Artes comisadas: para a devolución da escopeta deberá aboar previamente 500 ptas., esta depositada na Intervención de Armas de Lugo.

-Expediente: C-130/1996.

Denunciado: Jesús Fernández Caamaño.

DNI.: 33.761.300.

Último enderezo coñecido: r/ Quiroga, 25-3º A-Lugo.

Feitos imputados: cazar en superficie afectada por incendio forestal, dunha superfice superior a unha hectárea, que ardeu hai menos dun ano da apertura da tempada de caza, o día 1-11-96, no Couto LU-10095-Santo Antonio de Abade-Monterroso.

Preceptos infrinxidos: 48.2.14 do Regulamento da Lei de caza.

Cualificación infracción: menos grave.

Sanción: 3.000 ptas. de multa e 1.000 ptas. en substitución do comiso dun can.

-Expediente: C-131/1996.

Denunciado: José María Fernández Caamaño.

DNI: 33.828.605.

Último enderezo coñecido: c/ Quiroga, 25-3º A-Lugo.

Feitos imputados: cazar en superficie afectada por incendio forestal, dunha superfice superior a unha hectárea, que ardeu hai menos dun ano da apertura da tempada de caza, o día 1-11-1996, no Couto LU-10095-Santo Antonio de Abade-Monterroso.

Preceptos infrinxidos: 48.2.14 do Regulamento da Lei de caza.

Cualificación infracción: menos grave.

Sanción: 3.000 ptas. de multa e 1.000 ptas. en substitución do comiso dun can.

1643