Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 1997 Páx. 2.246

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación dos expedientes sancionadores de pesca fluvial P-191/1996 e tres máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles as persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publicar o acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción a Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto de 1992), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora do procedemento a Paloma Quiroga López, funcionaria desta delegación provincial; podendo ser recusado en calquera momento do expediente de concorre-los supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de no efectuarse alegacións no prazo anterior, estes acordos de iniciación poderán ser considerados propostas de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberanse emprega-los impresos normalizados, que serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, 197.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto de 1993).

Lugo, 20 de febreiro de 1997.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Expediente: P-191/1996.

Denunciado: Antonio Dopazo Iglesias.

DNI: 34.532.060.

Último enderezo coñecido: Barra do Miño, 122-P-4-2ºA, Ourense.

Feitos imputados: ceba-las augas con fins de pesca, e carecer de licencia. Feitos ocorridos o día 30-5-1996, no encoro dos Peares-Carballedo.

Precepto sancionador: 34.1º e 14.

Cualificación infracción: menos grave.

Sanción: 60.000 pesetas de multa.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca por un ano.

-Expediente: P-271/1996.

Denunciado: Ignacio Iglesias López.

DNI: 34.913.802.

Último enderezo coñecido: Marcelo Macias, 21-3º-Ourense.

Feitos imputados: practica-lo deporte da pesca en época de veda o día 3-11-1996 no encoro de Peares-río Miño.

Precepto sancionador: 34.8º.

Cualificación infracción: menos grave.

Sanción: 50.001 pesetas de multa.

Inhabilitación para obtene-la licencia de pesca por un ano.

Artes comisadas: devolución da cana logo do aboamento da sanción, esta depositada no Cuartel da Garda Civil de Flireira de Pantón.

-Expediente: P-274/1996.

Denunciado: Agustín Méndez Santos.

DNI: 44.461.762.

Último enderezo coñecido: Camiño Real-Cambeo, 130-Coles-Ourense.

Feitos imputados: practica-lo deporte da pesca en época de veda o día 1-11-1996 no encoro dos Peares-río Miño. Infrinxindo a Orde de Vedas 16-2-1996 (DOG do 29-2-1996).

Precepto sancionador: 34.6º.

Cualificación infracción: menos grave.

Sanción: 50.001 pesetas de multa.

Inhabilitación para obtene-la licencia de pesca por un ano.

Artes comisadas: devolución da cana logo de aboamento da sanción, esta depositada no Cuartel da Garda Civil de Monforte de Lemos.

-Expediente: P-232/1996.

Denunciado: Emilio Roca Pérez.

DNI: 32.260.855.

Último domicilio coñecido: General Mola 23-3º-Sada-A Coruña.

Feitos imputados: practica-la pesca con cebo natural (saltón), infrinxindo a Orde de vedas 16-2-1996 (DOG do 29-2-1996), o día 20-7-1996 no Couto de San Martín, río Navia.

Precepto sancionador: 33.9º.

Cualificación infracción: leve.

Sanción: 20.000 pesetas de multa.

644