De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial.
Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguiente desta publicación, podrerá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.
O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contando desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 311-152-115/8 da Caixa de Galicia (2091), oficina principal de Lugo (152). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento por la vía de constrinximento.
Para proceder ó aboamento da sanción, deberá utiliza-los impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, 197.
Lugo, 20 de febreiro de 1997.
José Ramón Molinero Senovilla
Delegado Provincial de Lugo
ANEXO
-Expediente: P-121/1996.
Denunciado: Jesús Diéguez Rodríguez.
DNI: 34.132.031.
Último enderezo coñecido: A Rivoira, 105-O Saviñao-Lugo.
Feitos denunciados: dedicarse ó deporte da pesca con cana, e carecer de licencia de pesca o día 21-4-1996 no río Miño, encoro de Belesar, lugar de Currelos-O Saviñao.
Precepto sancionador: artigo 34.1º de la Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.
Cualificación da infracción: menos grave.
Sanción: 50.001 ptas. de multa.
Inhabilitación: durante un ano para opte-la licencia de pesca.
-Expediente: P-52/1996.
Denunciado: Víctor Manuel Gómez Díaz.
DNI: 33.812.580.
Último enderezo coñecido: Sagrado Corazón, 25-Lugo.
Feitos denunciados: practica-lo deporte da pesca con cana non respectando as limitacións de tamaño fixadas pola Orde do 16-2-1996 (DOG do 29-2-1996), ó pescar tres troitas de tamaño inferior o día 17-3-1996 no río Lamas-Lamas de Moreira.
Precepto sancionador: artigo 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.
Cualificación da infracción: leve.
Sanción: 10.000 ptas. de multa e 9.000 ptas. de indemnización por danos e perdas segundo valoración do Servicio M.A.N.-Lugo.
1518

