Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 1997 Páx. 2.248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 17 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de resolución formulada nos expedientes sancionadores de epizootias LU-191/1996 e LU-230/1996 devoltas polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a resolución do expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.

No caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectiva no prazo de quince (15) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda Galega; conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 311-152-116/7 Caixa Galicia, oficina principal de Lugo.

Lugo, 17 de febreiro de 1997.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Expediente: LU-191/1996.

Denunciado: José Luis García Mosteiro.

DNI: 32.365.510.

Último enderezo coñecido: Avda. Venezuela, 17, Oleiros (A Coruña).

Feito denunciado: encontrarse o día 5 de maio de 1996 no recinto feiral de Vilalba, a exerce-la actividade comercial de trato sen te-lo carné de tratante.

Precepto infrinxido: artigos 65, 195 e 196 do regulamento de Lei de epizootias de 1955.

Precepto sancionador: artigo 213 do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción imposta: 50.000.

-Expediente: LU-230/1996.

Denunciado: Antonio Conde Martínez.

DNI: 34.649.670.

Último enderezo coñecido: Requeixo Fozado, 22, Ourense.

Feito denunciado: encontrarse o día 1 de xuño de 1996 no recinto feiral de Monterroso, a exerce-la actividade comercial de trato sen te-lo carné de tratante.

Precepto infrinxido: artigos 65, 195 e 196 do regulamento de Lei de epizootias de 1955.

Precepto sancionador: artigo 213 do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción imposta: 50.000.

1569