Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 1997 Páx. 2.250

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 1997 pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, publicada no DOG do 2 de xullo de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Colectores de augas residuais, pretratamento e emisario en Caión. (Laracha-A Coruña).

Adxudicatario: (UTE) Movex Vial, S.L. e Himex, S.A.

Orzamento: 92.875.000 ptas.

-Ampliación da E.T.A.P. da Mancomunidade do Salnés. (Cambados-Pontevedra).

Adxudicatario: Espina y Delfín.

Orzamento: 177.948.590 ptas.

-E.D.A.R. de Rábade. (Lugo).

Adxudicatario: Cubiertas y Mzov, S.A.

Orzamento: 339.313.045 ptas.

-Acondicionamento do arroio Pontiñas ó seu paso por Lalín. (Pontevedra).

Adxudicatario: (UTE) Indeza, S.L. e Construcciones Crespo, S.A.

Orzamento: 300.757.763 ptas.

-Abastecemento e saneamento ó Bolo e outros. (Maside-Ourense).

Adxudicatario: Manuel Novoa Velo.

Orzamento: 17.894.140 ptas.

-Captación, abastecemento e depuración de auga potable en Viana-1ª fase. (Viana do Bolo-Ourense).

Adxudicatario: Corsan, S.A.

Orzamento: 37.247.500 ptas.

-Colectores xerais e E.D.A.R. de Carballeda de Avia. (Ourense).

Adxudicatario: Construcciones Alea, S.L.

Orzamento: 77.454.365 ptas.

-Ampliación do saneamento e E.D.A.R. de Vila de Cruces e polígono industrial. (Pontevedra).

Adxudicatario: (UTE) Extraco, S.A. e Asteisa.

Orzamento: 110.936.000 ptas.

-Asistencia técnica para redacción dos proxectos do saneamento integral de Gondomar e río Miñor.

Adxudicatario: Norcontrol, S.A.

Orzamento: 56.641.263 ptas.

-Asistencia técnica para redacción do plan básico de infraestructuras hidráulicas de Lugo.

Adxudicatario: Idasa.

Orzamento: 38.540.768 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase e advírtese que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora de xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente do Organismo Autónomo Augas de Galicia

1785