Obxecto: adquisición, polo IGVS, do material informático que se especifica no correspondente prego de prescricións técnicas.
Orzamento: seis millóns novecentas sesenta mil (6.960.000) pesetas, IVE incluído.
Prazo de entrega: un (1) mes.
Garantía provisional: cento trinta e nove mil duascentas (139.200) pesetas.
Garantía definitiva: duascentas setenta e oito mil catrocentas (278.400) pesetas.
Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares de prescricións técnicas que rexerán nesta contratación estarán a disposición dos interesados, nos días e horas hábiles, no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela).
Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no antedito rexistro antes das 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama ou telefax no mesmo día.
Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, ás dez (10) horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado, a mesa reuniríase o luns seguinte á mesma hora.
Anuncio: o importe deste anuncio aboarase polo adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 1997.
José A. Redondo López
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo
1658

