Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 1997 Páx. 2.454

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1997, da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público e polo trámite de urxencia, para a subministración de 24 millóns de unidades de semente de ameixa fina (Tapes decussata) en 3 lotes de 8 millóns de unidades.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura.

c) Nº de expediente: 97/012/0352.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de semente de ameixa fina (Tapes decussata).

b) Nº de unidades que se van entregar: 24 millóns de unidades, segundo o estipulado no prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número:

Nº Unds. sementeImporte lote

Lote nº 1 8.000.000 11.200.000

Lote nº 2 8.000.000 11.200.000

Lote nº 3 8.000.000 11.200.000

d) Lugar de entrega: centros de Ribadeo e de Couso da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou calquera outro lugar de establecemento da costa galega que designe a consellería.

e) Prazo de entrega: desde o 1 de xullo ata o 30 de agosto de 1997; poderase ampliar en función da

evolución do proceso productivo, logo de informe favorable dos técnicos da consellería.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: trámite de urxencia.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 33.600.000 ptas.

5. Garantía provisional.

2% do orzamento máximo de licitación do lote que se cite.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, 5-2º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Teléfono: (981) 54 40 44.

e) Telefax: (981) 54 50 25.

f) Data límite para a obtención de documentos e información: aquela na que finalice o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, edificio administrativo San Caetano, 5-2º, Santiago de Compostela, 15703.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, 5-2º.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó do peche do prazo de presentación de proposicións. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 11 horas.

10. Gastos de anuncios.

Correrán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 1997.

Amancio Landín Jaráiz

Director xeral de Marisqueo e Acuicultura

1965