Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 1997 Páx. 2.455

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1997 pola que se convoca concurso público para a contratación dos servicios técnicos para a realización de viaxes do programa de visitas didácticas pola ría de Arousa.

Orzamento máximo: catro millóns cincuenta mil pesetas (4.500.000 ptas.), impostos incluídos.

Prazo de execución: segundo prego de prescricións técnicas.

Clasificación do contratista: non se precisa.

Documentos de interese: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán este concurso estarán á disposición dos licitadores nas dependencias do Servicio de Extensión Pesqueira (Rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, Santiago de Compostela 15771 (A Coruña), na oficina de información da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, así como nas delegacións territoriais e comarcais desta consellería.

Prazo y presentación das propostas: deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou nas súas delegacións territoriais correspondentes, antes das 14 horas do vixésimo día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Apertura das proposicións: será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Santiago de Compostela, as 10.30 horas do sexto día natural, que non coincida en sábado nin festivo, a partir do seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 1997.

Ana Mª Gallego Castro

Directora xeral de Formación Pesqueira e Investigación

1777