En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve
mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) desta delegación provincial e ás 10 horas do día 20 de febreiro de 1997, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Provincial de Centros Especiales de Empleo (Cesmiga), que teñen os seguintes ámbitos:
Territorial: provincial.
Profesional: centros especiais de emprego da provincia da Coruña.
Asinan a acta de constitución: Álvaro Illobre Saavedra e catro persoas máis.
Os estatutos depositados poderán seren examinados por calquera persoa interesada.
A Coruña, 21 de febreiro de 1997.
María Reyes Carabel Pedreira
Delegada provincial da Coruña
1983

