En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril e para os efectos previstos nela, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o día 18 de febreiro de 1997, certificación expedida polo secretario da devandita asociación, Baldomero Fernández Calviño, na que se recolle o acordo de modificación estatutaria acordada en xunta ordinaria pola comisión coordinadora, consistente no cambio de domicilio da asociación que pasa a ser: Médico Rodríguez, 15-1º C bis, A Coruña.
Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 1997.
Juan Pedrosa Vicente
Director xeral de Relacións Laborais
1762

