Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 1997 Páx. 2.457

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Sindical Independiente de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Sindical Independiente de Galicia que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación sindical tódolas persoas maiores de idade que teñan a condición de traballadores en activo, en paro ou xubilados sexa cal sexa a súa vinculación laboral e modalidade contractual que as una co empregador.

Asinan a acta de constitución: Avelino Fernández López e tres persoas máis.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

1691