Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 1997 Páx. 2.459

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

EDICTO do 3 de marzo de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, polo que se notifica o prego de cargos do expediente disciplinario 1/1996, aberto a Elena Soto Gil.

Por medio do presente edicto notifícaselle á auxiliar puericultora da Consellería de Familia, Muller e Xuventude Elena Soto Gil, por ser devolta a notificación que no seu momento foi practicada polo servicio de correos no seu domicilio: r/ Curros Enríquez nº 43-4º I, A Coruña, por encontrarse esta ausente, sen dar razón dela, nin facerse cargo da súa recepción, que se formulou o 7 de febreiro de 1997 o prego de cargos do expediente disciplinario 1/1996, incoado por Resolución do 12 de novembro de 1996, que se encontra á súa disposición no Servicio de Persoal da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude de 9 h a 14 h para que no prazo de dez días hábiles, a partir da publicación do presente edicto, a interesada poida exerce-lo seu dereito á vista do expediente e presenta-las alegacións e documentación que considere pertinentes, así como solicita-la práctica das probas necesarias, apercibíndoa de que, de non acudir a este requirimento, se proseguirán as actuacións

a que en dereito haxa lugar.

Para que conste e lle sirva de notificación á interesada e no cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co artigo 49 do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG nº 249, do 28 de decembro de 1994) expido, asino e selo este edicto en Santiago de Compostela o 3 de marzo de 1997.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude

1923