A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria celebrada o 27 de xaneiro de 1997 aprobou, con carácter inicial, o proxecto de urbanización do polígono industrial e comercial A-1.1 do vixente PXOU O Bao, formulado mediante iniciativa particular pola entidade mercantil Granja del Bao, S.A. e redactado polos arquitectos Hermo Túñez, Jiménez Passolas e Pérez Álvarez, visado pola delegación en Pontevedra do COAG en data 27-11-1996, dispoñendose o seu sometemento a información pública.
Durante o prazo de quince días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar na Unidade de Fomento do concello (rúa Dona Teresa) a documentación inicialmente aprobada e formula-las alegacións que coide pertinentes.
Pontevedra, 13 de febreiro de 1997.
Juan Luis Pedrosa Fernández
Alcalde
Julio Dapena Outomuro
Secretario xeral
800

