O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:
1. Nome, enderezo, número de teléfono, telégrafo, telex e telefax do órgano de contratación: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza. Planta terceira da Escola Universitaria de Enfermería (anexa ó Hospital Juan Canalejo). As Xubías de Arriba, 84-15006 A Coruña. Teléfono (981) 17 80 73. Telefax (981) 17 80 32.
2. a) Modalidade da adxudicación elixida: aberta.
b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concurso.
3. a) Lugar de entrega: Hospital Juan Canalejo (A Coruña).
b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: número da referencia da CPA (clasificación estatística dos productos por actividades): subministración de órtose e protese externas.
Orzamento total: 79.044.479 ptas.
c) Indicacións relativas á posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridas: o concurso repartese en 4 lotes que poden ser obxecto de licitación e adxudicación separadamente:
Lote 1. Órtoses dos membros superior e inferior: 24.980.392 ptas.
Lote 2. Órtoses de tronco: 11.445.406 ptas.
Lote 3. Próteses do membro inferior: 36.391.338 ptas.
Lote 4. Próteses do membro superior: 6.227.343 ptas.
4. Prazo de entrega eventualmente imposto: segundo petición dos Servicios de Rehabilitación, ULM, etc.
5. a) Nome e dirección do servicio onde poden ser solicitados o prego de condicións e os documentos complementarios: Servicio de Contratación do Hospital Juan Canalejo.
b) Data límite para efectúa-la solicitude: 15-4-1997.
c) Se é o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: ningún.
6.a) Data límite de recepción das proposicións: 23-4-1997.
b) Enderezo ó que deben enviarse: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza. Planta baixa do Hospital Juan Canalejo. As Xubías de Arriba, 84-15006 A Coruña.
c) Lingua ou linguas na que deban redactarse: galego ou castelán.
7. a) Persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.
b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza. Planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería (anexa ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84-15006, A Coruña. Ás 10 horas do día 5-5-1997.
8. Garantías esixidas: provisional, do 2% do orzamento de cada lote. Definitiva, do 4% do orzamento de cada lote.
9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias a textos que as regulan: aboamentos en conta mediante transferencia, con periodicidade mensual.
10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión das empresas adxudicatarias da contratación: unión temporal das empresas.
11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deba reunir-lo provedor: ver cláusula 7.1. do prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.
13. Criterios que se empregan para a adxudicación do contrato:
Oferta económica: 40%.
Calidade do servicio: 35%.
-Locais: sala de espera, exposicion, locais de atención ó usuario, eliminación de barreiras arquitectónicas (4%).
-Talleres: equipamento, localización (15%).
-Recursos humanos: capacitación profesional, número de traballadores en praza (10%).
-Curriculum empresarial: tipo de clientes, facturación, relacións comerciais, (provedores)(6%).
Calidade do servicio: 25%-
-Proxecto do servicio para este hospital (10%).
-Garantía dos materiais (10%).
-Prazo de entrega (5%).
14. Se é o caso, prohibición das variantes: admítese ata 1 variante.
15. Información complementaria: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo.
16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 26-11-1996.
17. Data de envío do anuncio: 18-3-1997.
18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).
A Coruña, 12 de marzo de 1997.
Jesús Caramés Bouzán
Director xerente do Complexo Hospitalario
Juan Canalejo-Marítimo de Oza da Coruña
2211

