Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Martes, 25 de marzo de 1997 Páx. 2.720

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1997, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Ozada Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación dunha subministración de cadeiras de rodas infantís (contrato plurianual). (C.P. 33/1997).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

1. Nome, enderezo, número de teléfono, telégrafo, telex e telefax do órgano de contratación: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza. Planta terceira da Escola Universitaria de Enfermería (anexa ó Hospital Juan Canalejo). As Xubías de Arriba, 84-15006 A Coruña. Teléfono (981) 17 80 73. Telefax (981) 17 80 32.

2. a) Modalidade da adxudicación elixida: aberta.

b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concurso.

3. a) Lugar de entrega: Hospital Juan Canalejo (A Coruña).

b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: número da referencia da CPA (clasificación estatística dos productos por actividades): subministración de cadeiras de rodas infantís.

Orzamento total: 62.247.500 ptas.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridas: o concurso repártese en 5 lotes que poden ser obxecto de licitación e adxudicación separadamente:

Lote 1. Cadeira infantil de empuxe stándard: 3.132.500 ptas.

Lote 2. Cadeira infantil de empuxe posicionadora: 16.170.000 ptas.

Lote 3. Cadeira infantil de gran discapacidade: 22.645.000 ptas.

Lote 4. Cadeira infantil autopropulsable: 19.250.000 ptas.

Lote 5. Cadeira infantil de empuxe pregable en bastón: 1.050.000 ptas.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: segundo a demanda do Servicio de Compras e Subministración.

5. a) Nome e dirección do servicio onde poden ser solicitados o prego de condicións e os documentos complementarios: Servicio de Contratación do Hospital Juan Canalejo.

b) Data límite para efectúa-la solicitude: 15-4-1997.

c) Se é o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: ningún.

6.a) Data límite de recepción das proposicións: 23-4-1997.

b) Enderezo ó que deben enviarse: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza. Planta baixa do Hospital Juan Canalejo. As Xubías de Arriba, 84-15006 A Coruña.

c) Lingua ou linguas na que deban redactarse: galego ou castelán.

7. a) Persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza. Planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería (anexa ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84-15006, A Coruña. Ás 10 horas do día 5-5-1997.

8. Garantías esixidas: provisional, do 2% do orzamento de cada lote. Definitiva, do 4% do orzamento de cada lote.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias a textos que as regulan: aboamentos en conta mediante transferencia, con periodicidade mensual.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión das empresas adxudicatarias da contratación: unión temporal das empresas.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deba reunir-lo provedor: ver cláusula 7.1. do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se empregan para a adxudicación do contrato:

Oferta económica: 40%.

Calidade dos materiais: 40%.

Servicio técnico da subministración: 20%.

Proxecto do servicio para o hospital:

* Deseño de folla de prescrición.

* Asistencia á adaptación da cadeira ó usuario.

* Garantía dos materiais e prazos de entrega.

14. Se é o caso, prohibición das variantes: admítese ata 1 variante.

15. Información complementaria: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo.

16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 26-11-1996.

17. Data de envío do anuncio: 18-3-1997.

18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

A Coruña, 12 de marzo de 1997.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo de Oza da Coruña

1959