Visto o expediente incoado pola empresa Parque Eólico A Capelada, con domicilio social Avda. de Burgos, 8-B, planta 18, Madrid, para autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións que seguen:
Liña eléctrica aérea 20 kV, sobre apoios metálicos en celosía, en dobre circuito desde a subestación do parque eólico ata o apoio nº 5, de 3.690 m de lonxitude e con conductor LA-180 e en simple circuíto desde o apoio nº 5 ata proximidades aeroxerador nº 8, de 532 m de lonxitude e desde o mesmo apoio nº 5 ata proximidades aeroxerador nº 17 de 1.012 m de lonxitude. Concellos de Cariño, Cedeira e Ortigueira.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1996, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve: autorizar e aproba-lo proxecto de execución das referidas instalacións, e as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran nel e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
A Coruña, 25 de febreiro de 1997.
Juan I. Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
1926

