Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 1997 Páx. 2.802

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación de expediente sancionador E.N.-40/1996 (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación de expediente sancionador por infracción á Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mercedes Valdés Rodríguez.

O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán de un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formularen as alegacións, achegaren os documentos ou as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que de non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993).

Pontevedra, 19 de febreiro de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: E.N.-40/1996

Denunciado: José Álvarez González.

Último enderezo coñecido: León y Castilli, 113. Puente del Rosario-As Palmas de Gran Canaria.

Feito denunciado: facer un peche polo que se apropia de 100 m do monte Aloia que metía na súa propiedade. Acumulando dentro do terreo materiais que empregase no peche, o día 17 de agosto de 1996, no lugar Naranxeiras, Monte Castiñeira e Foxo de Paredes, termo municipal Tui.

Precepto infrinxido: Art. 38.2 e 38.12 da Lei 4/1989, do espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Precepto sancionador: Art. 38 da Lei 4/1989, dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Sanción: 150.000 ptas. procedendo á restauración do medio.

1927