De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial.
Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente no Servicio de Medio Ambiente
Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.
Pontevedra, 19 de febreiro de 1997.
P.A.
Pilar Pita Ponte
Instructora
ANEXO
-Último enderezo coñecido infrinxido sancionador-Expediente -Denunciado
-Feito denunciado -Precepto
-Precepto
-Sanción
Velázquez Moreno, 26-Vigo.
Velázquez Moreno, 26-Vigo.
Pousada-Padrón-A Coruña.
Av. Coruña, 160-Lugo
P-283/96 Román Martínez Quiñones
Pescar sen licencia de pesca, o día 9 de xuño de 1996, no río Verdugo, concello Soutomaior. Art. 34.1 da Lei 7/1992, de pesca fluvial. Art. 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial. 50.001 ptas. e Inhab. para obtene-la licencia de pesca 1 ano. P-284/96 Carlos Martínez Quiñones
Pescar sen licencia de pesca, o día 9 de xuño de 1996, no río Verdugo, concello Soutomaior. Art. 34.1 da Lei 7/1992, de pesca fluvial. Art. 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial. 50.001 ptas. e Inhab. para obtene-la licencia de pesca 1 ano. P-279/96 José del Río Fernández
Pescar con culleriña do nº 3, estando prohibida a utilización da culleriña superior ó nº 2, nas masas de auga habitada por salmón, o día 20 de xuño de 1996, no lugar de Areeiro-Carcacía no río Ulla, concello de Padrón. Art. 33.9 da Lei 7/1992, de pesca fluvial, en relación co Art. 3 da Orde do 16-2-1996 da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes. Art. 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial 20.000 ptas. P-310/96 Javier Demetrio López García
Pescar con cebo de uso prohibido (sardiña), o día 4-7-1996, no río Alvedosa, termo municipal de Redondela. Art. 33.9 da Lei 7/1992, de pesca fluvial, en relación co Art. 3 da Orde do 16-2-1996 da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes. Art. 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial 20.000 ptas.
1928

