Presentada solicitude de autorización administrativa sanitaria previa dun centro hospitalario en Santa Marta de Babío, concello de Bergondo (A Coruña), subscrita por Ramón Cacabelos García, en calidade de conselleiro delegado de Euroespes S.L., esta secretaría xeral, en cumprimento do establecido no artigo 5 da Orde do 7 de novembro de 1984 (DOG nº 236, do 11 de decembro de 1984), pola que se regula o procedemento para solicita-la autorización dos centros, servicios e establecementos sanitarios, e en uso das facultades que lle confire o Decreto 63/1996, do 15 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, acorda abrir un período de información pública polo termo de 20 días para que as persoas, entidades, organismos e institucións que se consideren afectados poidan formular cantas observacións xulguen oportunas.
Santiago de Compostela, 12 de marzo de 1997.
Manuel Antonio Silva Romero
Secretario xeral da Consellería de Sanidade
e Servicios Sociais
97-2264

